A banda deseñada supera a adolescencia

A banda deseñada supera a adolescencia

07 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A cita xa clásica da banda deseñada galega, as Xornadas de Ourense, conmemora 25 anos de existencia. Exposicións do certame INJUVE, dos I premios Benito Losada, dos 19 anos do Fanzine das Xornadas e mais do proxecto Historias da Galiza compoñen a apartado expositivo do evento, que conta este ano cunha actividade mínima no seu programa. Nesta edición o Premio Ourense á Mellor Iniciativa no campo da Banda Deseñada foi para a revist

As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense albergarán no Museo Municipal ata o vindeiro 27 de outubro as catro exposicións que compoñen este histórico certame, e que un ano máis rende homenaxe ao recoñecido dinamizador cultural Benito Losada.
Os traballos que compoñen esta exposición son Historia de Galiza en Banda Deseñada; os premiados no 1º certame Benito Losada en Banda Deseñada (2012) que son Cristian Caruncho, Giovanna Lopalco, Xulia Vicente e Luis Yang; exposición dos fanzines (19 anos) das Xornadas de Banda Deseñada, e finalmente a exposición dos traballos presentados e gañadores da convocatoria de Banda Deseñada do Injuve (Instituto de la Juventud).
Xavier Paz, da Fundación Benito Losada, destacou que se trata da convocatoria número 25, que no contexto da cultura galega é unha edición que poucas veces se ten conseguido, co recoñecemento que debe ter a cidade de Ourense neste contexto, e con Benito Losada como destacado programador cultural.  As xornadas contan con patrocinio da Xunta de Galicia e da Universidade de Vigo. Outra das actividades que inclúe o certame, é o premio Ourense á mellor iniciativa de Banda Deseñada do ano 2013, que recaiu na revista galega OINK!, a revista do Xabarín Club.
As Xornadas de Banda Deseñada terán continuidade coa VI Edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense FITO e cunha nova edición do Outono Fotográfico.

Cultura