A bandeira galega nas xanelas

A bandeira galega nas xanelas
23 de Abril, 2020 - 01:18 h. | Publicada por Radio Fene

Queremos Galego non renuncia á manifestación do 17 de maio, que se fará desde as xanelas e condea a Núñez Feijoo por pasar toda a alerta sanitaria falando en español.

ESCOITA O PODCAST:

Bandeiras galegas nas xanelas

A asociación “Queremos Galego” non renuncia a manifestarse o 17 de maio Día das Letras Galegas pero, debido ás circunstancias actuais, a manifestación farase desde as xanelas e varandas. Trataríase de pendurar a bandeira galega e propagar nas redes sociais cartaces alusivos á celebración, “para demostrar que hai moita xente disposta a reivindicar a nosa língua e avanzar ata a consecución da súa normalización” declara o voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira. Non é exemplo, senón todo o contrario, o comportamiento do presidente da Xunta de Galicia, afirma Maceira que, sen saber porqué, leva toda a alarma sanitaria pronunciándose en español, cando ten unha obriga polo seu cargo de utilizar o noso idioma. Queremos Galego reclama que rectifique ou “ estará menosprezando o Galego e desprezando aos galegos e galegas, tildándonos de inútiles ” conclúe Marcos Maceira.

Carvalho Calero no 2021

Queremos Galego reclama tamén adiar a homenaxe a Ricardo Carvalho Calero para as Letras Galegas de 2021 porque o formato da celebración deste día inclúe numerosos actos nos centros escolares, nas feiras do libro ou nas asociacións culturais que, nas circunstancias actuáis, non poden realizarse. “Van dous meses perdidos” afirma o voceiro de Queremos Galego. Por tratarse dunha situación excepcional e para que non se cometa unha inxustiza grandísima co profesor ferrolán, reclaman que debe adiarse un ano a súa homenaxe.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora