A bandeira verde para Ordes

A bandeira verde para Ordes

07 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, recollía esta mañá en Madrid un premio en materia medioambiental. Trátase do galardón “Bandera Verde- Municipio Responsable” que outorga a Federación de Usuarios- Consumidores Independientes (FUCI) co fin de recoñecer, valorar e destacar o compromiso e a labor que realizan as corporacións locais polo medioambiente e o consumo respo

Así o Concello de Ordes foi seleccionado entre os gañadores desta convocatoria polo traballo realizado en materia de medio ambiente nas modalidades de “Compromiso Ambiental” e “Educación Ambiental e Participación Cidadá”.

Non é  a primeira vez que o municipio recibe este galardón que recoñece o seu traballo en materia medio ambiental, xa que ao recoñecemento deste ano súmase tamén a Bandera Verde conseguida en 2009, nesa ocasión nas modalidades de “Residuos, limpeza e xardinería”, e “Xestión da auga”.

O alcalde, Manuel Regos, mostrou a súa satisfacción porque unha vez máis a FUCI recoñeza o traballo realizado dende o Concello nesta materia, asegurando que dende o goberno local ordense se seguirá  traballando para contribuir á preservación do medio ambiente.

O acto de entrega dos galardóns tivo lugar esta mañá no Hotel Ritz de Madrid.

Sociedade