Barack Obama: O tránsito cara a multipolaridade

Barack Obama: O tránsito cara a multipolaridade

25 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A crise económica e a retirada de Iraq son algúns dos problemas de envergadura que deberá resolver o novo presidente dos USA Barack Obama. Segundo o dirixente do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, Xulio Rios o exceso de esperanza despertado pola súa chegada á Casa Blanca, pode dificultar un mandato que deberá combinar o cumprimento das súas promesas electorais con certa cintura para non soliviantar en exceso aos s

O presidente do IGADI Xulio Ríos analizou para Radiofusión o que pode supor a chegada de Obama para o futuro concerto planetario. Non o vai a ter doado, porque o exceso de expectativas puidera pasarlle factura. O novo dono do despacho oval ten que decidir aínda a súa folla de ruta e procurar dialogar máis que impoñer. 

Segundo a análise do IGADI, no actual panorama vivimos unha situación de tránsito cara a multipolaridade. Será un cambio complexo que, no medio da crise obrigará á reformulación do sistema económico internacional, producindo ademais unha mudanza no peso das economías.

Institucional