Barallobre e Numancia empatan e suman un punto

Barallobre e Numancia empatan e suman un punto

01 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A S.D.Barallobre empatou onte no municipal dos Prados Vellos a dous goles ante o Numancia de Ares de Juan Alberto. O Mugardos B gañou na Pedreira ao Cariño pola mínima. Estes son os resultados dos dous partidos adiantados á xornada de hoxe domingo na Segunda Autonómica de Ferrolterra. Na Terceira Autonómica o Somozas B e o Cañoles do Barqueiro tamén empataron a dous goles.  

Na Primeira Autonómica o Val gañou ao Orillamar da Coruña por 2 tantos a 1 con Lis de novo no banquiño sustituíndo a Michel Alonso que se estrenou no Racing con derrota por 1 a 2.O Barallobre sumou un punto da súa visita de onte ao Concello de Ares para enfrentarse ao Numancia. Os goles feneses foron obra de Zalo e Telmo mentres que marcaron polo Numancia Rubén Ortega e Borja Carballo. No encontro disputado na Pedreira, o xogador Chipi foi o autor do tanto do Mugardos B frente ao Cariño. Este gol deulles a vítoria ante o equipo de Ortegal.

Deportes