Barallobre lembra a inauguración do Monumento ao Camiñante

Barallobre lembra a inauguración do Monumento ao Camiñante

06 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O primeiro de xullo de 1934 festexouse por todo o alto en Barallobre. Inaugurouse naquel dia o Monumento ao Camiñante Descoñecido. A Liga de Amigos de Barallobre celebra, na tarde do sabado 7 de xullo, a Romería do Camiñante Descoñecido. As cinco e media celebraráse a ofrenda floral no Monumento. As oito da tarde serviráse unha sardiñada no campo da festa. A xornada rematará cunha verbena.

Josefa Fernández Vivero naceu en Barallobre en 1922. Lembra a Don Ramón Otero Pedraio falando no Camiñante Descoñecido, na súa ubicación orixinaria ao pé da estación do ferrocarril. Alí, nun campo de fútbol celebrouse toda a festa. Viñeran os exploradores de Ferrol que durmiran xa a noite anterior en Barallobre. Achegáronse 4 autobuses da Coruña cunha expedición ao fronte da que figuraba o presidente de Amantes do Campo, Manuel Insua.
O Monumento ao Camiñante Descoñecido trasladouse en maio de 1984 para a súa ubicación actual, co obxectivo de permitir a eliminación do paso a nivel da via do tren. Naquel momento engadíronselle uns bancos adicados a Castelao, Vilar Ponte e Pérez Parallé.

Sociedade