Barcelona, non estás soa

Barcelona, non estás soa

29 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Oe, oe, oe, lo llaman democracia y no lo es". "Barcelona, no estás sola". Foron algúns dos berros que soaron esta tarde na Praza de Armas de Ferrol nunha cacerolada convocada polo Movimiento 15M. Arredor dun cento de xovenes continuan acampados diante do Pazo Municipal. A concentración desenvolveuse baixo unha forte choiva.

Os manifestantes fixeron soar culleres e potas, ademais dunha gran paellera que serviu de improvisado tambor.  No conxunto do Estado os "indignados" protagonizan 550 acampadas en prazas públicas demandando responsabilidade fiscal, transparencia política, fin da corrupción e participación cívica real na democracia.

Sociedade