A base de avións espía en Trasmirás afectaría a 6 especies ameazadas

A base de avións espía en Trasmirás afectaría a 6 especies ameazadas

03 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e a Sociedade Galega de Historia Natual (SGHN) veñen de informar ó Ministerio de Defensa que a zona proposta (agora polo Partido Popular de Galicia e anteriormente polo Goberno bipartido da Xunta de Galicia) para construir en Trasmirás (Ourense) o "centro de excelencia de avións non tripulados do consorcio aeronáutico europeo EADS", situaríase no interior (ou nas inmediacións mesmas) da Zo

SGHN e SGO advirten ó Ministerio de Defensa que na zona proposta e as súas inmediacións reprodúcense actualmente 5 especies de aves incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007; DOG nº 89 de 09-05-2007):

- En perigo de extinción: Pernileiro ou Alcaraván (Burhinus oedicnemus), Conícora ou Avefría (Vanellus vanellus), Cabra do aire (Gallinago gallinago) e, ata hai poucos anos, Sisón (Tetrax tetrax)..

-Vulnerables: Gatafornela (Circus cyaneus) e Tartaraña cincenta (Circus pygargus). 

Ademais, na zona proposta e as súas inmediacións atópase un dos escasos núcleos poboacionais de sapo de esporóns (Pelobates cultripes) considerado como Vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007; DOG nº 89 de 09-05-2007). 

Por estes motivos, SGO e SGHN entenden que debería desestimarse a posibilidade de instalar dito "centro de excelencia de avións non tripulados do consorcio aeronáutico europeo EADS" no concello de Trasmirás (Ourense), ou en cualquera área da ZEPA de A Limia e a súa ZPP, ou noutras zonas próximas que poideran afectar a este espazo natural e solicitan ó Ministerio de Defensa teña en conta as circunstancias descritas e proceda en consecuencia.

Sociedade