Bazán é a zona 0

"Antes de perdermos a memoria" de Alfonso Tellado, presentase o xoves 7 en Afundación de Ferrol
05 de Febreiro, 2019 - 12:07 h. | Publicada por Radio Fene

O libro "Antes de perdermos a memoria" naceu da insistencia dos amigos. Cando lles contas unha batalla e eles dinche ¿ por qué non o escribes? Algo así sucedeulle a Alfondo Tellado. Ademais regalaronlle un libro que cando o abre comproba que estaba en branco. A suxerencia para enchelo era evidente. E puxose a escribir, sen intención de historiador, simplemente o que viviron aqueles mozos do taller de Maquinaria.

ESCOITA O PODCAST:

Alfonso Tellado presenta este xoves o libro “Antes de perdermos a memoria” editado por Embora. O extraballador xubilado de Bazán non ten intención de contar a súa vida, polo tanto non estamos diante dunha biografía. Sitúanos na zona 0 que sería Bazán e remóntanos ás décadas dos 60, 70 e 80. Pasaron moitas cousas en Ferrol e houbo protagonistas dos que quizás nunca se falou. O noso convidado pasou esta mañá pola Fenestra de Radio Fene para falar do seu libro que se presenta o xoves en Afundación, no Cantón de Molíns, ás 20.00 horas.

Non é unha biografía ao uso, pero conta feitos reais dos que o autor foi actor ou testemuña. Anos convulsos aqueles 70 e 80. Dando por sentado que houbo que pelexar mesmo coa vida- Marzo do 72- polos convenios colectivos e as melloras laborais; o libro ten a intención de falar dos protagonistas da segunda liña e tamén das batallas por outras melloras sociais.  Conta Tellado como asesoraban ás mulleres que querían abortar en Portugal, como de longas eran as listas para as vasectomías, conqueriron gardería para os fillos e fillas da empresa, un centro psicosocial…A reconversión foi a última batalla. Tellado ponse a falar do tempo cando lle preguntamos polo rumbo que tomou o sindicalismo. Alfonso Tellado presenta “ Antes de perdermos a memoria” o xoves en Afundación, no Cantón, ás 20h. Con el estará Carlos Blanco. Está asustado. Os dous xuntos, poden ser criminais.

Cultura

Publica o teu comentario agora