Begonte se suma ao manifesto “Galiza ten dereito”

Begonte se suma ao manifesto “Galiza ten dereito”

17 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O manifesto recolle a necesidade da fusión das caixas galegas, Caixa Galicia e CaixaNova, e fala do “risco” de que a comunidade autónoma perda as súas caixas de aforro pola “deslocalización dos seus centros de decisión, e que estas entidades de carácter social se transformen en entidades financeiras privadas”. Diante desta situación, o Parlamento de Galiza aprobou por ampla maioría unha reforma da Lei de Caixas que reforza as facultades do autogoberno para defender o sistema financeiro propio e supervisar a actuación das caixas. En troques, o Goberno Central presentou un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Galiza que conleva a paralización da súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocalas na situación idónea para que sexan absorbidas por entidades foráneas.

 

Diante desta situación, desde o BNG do concello chairego afirmou que “a sociedade galega e os seus representantes políticos desde os concellos deben tamén defender que as caixas galegas fiquen aquí”, razón pola que propuxo no pleno do Concello de Begonte que os grupos políticos apoiasen o manifesto “Galiza ten dereito”, obtendo o respaldo de todos os grupos políticos .

Sociedade