As beirarrúas de Barallobre rematadas a finais de ano

As beirarrúas de Barallobre rematadas a finais de ano

11 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As obras das beirarruas de Barallobre rematarán antes de final de ano, asegurou en Radiofusión o alcalde de Fene Iván Puentes. O primeiro rexedor lembra que se trata dunha obra xestionada dende a Deputación Provincial. A habilitación das beirarruas en Barallobre veuse complicada pola quebra da empresa adxudicataria. Iso obrigou a afrontar un trámite administrativo complexo. A Deputación tivo que anular a adxudicación, redactar un novo proxecto e adxudi

A Deputación anunciou a contratación da travesia de Barallobre en xaneiro do 2007. O orzamento inicial da actuación superaba os 820.000 euros. A obra inclue beirarrúas neste vial dende o punto quilométrico 0,400 (na farmacia) ata o 1.200 (pistas de atletismo). A actuación contempla a construcción de beirarruas, e instalación de alumeado e saneamento. A quebra da empresa adxudicataria provocou un retraso que agora se intentará solventar nos vindeiros meses.

Institucional