Beiras: "Chegou a hora da República"

Beiras: "Chegou a hora da República"

15 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Un discurso de Xosé Manuel Beiras serviu de colofón -ao fío da medianoite- da asemblea constituinte de Anova - Irmandade Nacionalista, formación que pretende diferenciarse do mapa político existente, construindo unha forza na que prime a horizontalidade e a participación. O cónclave, reunido no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela contou coa presencia de máis de 500 persoas que interviron activamente nuns prolongados debates.

Anova elexiu unha Coordinadora Nacional formada por 75 persoas, pero non designou Executiva ou Comisión Permanente. Anova defenderá a autodeterminación, soberanía ou independencia de Galicia. Ese obxectivo político chama a "combinalo" coa "liberdade, a fraternidade, o benestar material e cultural da cidadanía do común" impulsado dende unha organización que, na súa opinión, debe pór en práctica unha "nova cultura política" mediante a "mobilización da cidadanía" que, á súa vez, "constrúa alternativas e se dote da ferramenta política organizada para proxectar iso na instancia política e botar do poder aos inquilinos que nos machacan", unha "alternativa de longa duración" que "apunte cara a unha creba democrática coa segunda restauración borbónica dunha vez por todas", tamén coa "desobediencia civil organizada".

Sociedade