Beiras encárase ao presidente da Xunta

Beiras encárase ao presidente da Xunta

24 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Xosé Manuel Beiras acusa ao PP de ter “unha visión totalitaria do poder” e de darlle a volta á democracia ao se negar a responder á oposición. “Nós solicitamos a dimisión do señor Núñez”, expón o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), “e veñen eles e queren controlar a oposición no canto de explicar o que se lles pregunta”. Xosé Manuel Beiras, interrumpiu a ses

O Grupo Popular solicitou hoxe a renuncia do portavoz do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, “porque un deputado deste Parlamento que non é capaz de respectar as normas mínimas da democracia non é digno de estar nesta Cámara”, manifestou a viceportavoz popular, Marta Rodríguez Arias. “O que aconteceu esta mañá no Parlamento galego é gravísimo e o señor Beiras non pode vir a esta Cámara cunha actitude violenta, agresiva e antidemocrática contra o Presidente de todos os galegos”, afirmou.

O portavoz de Alternativa Galega de esquerda (AGE) Xosé Manuel Beiras, acusa ao PP de ter “unha visión totalitaria do poder”. “Somos nós, a oposición, os que estamos solicitando explicacións do presidente da Xunta, somo nós os que solicitamos a súa dimisión pola súa falta de ética e asúa querenza pola mentira”, explica, “e veñen eles, a dereita, darlle a volta á democracia e a esixir a dimisión da oposición”.

Reitera o comunicado de AGE que Núñez Feijoo volveu ofrecer un recital de silencios sobre o que se lle preguntaba, detalles da súa amizade co contrabandista e narcotraficante Marcial Dorado. Aínda se fixo a vítima, afirman, cando Beiras se achegou ao seu escano para lle esixir “decencia”.

“Estes individuos teñen unha visión totalitaria do poder”, explica o portavoz de AGE, “e lembra o que ocorreu nos anos trinta en Alemaña, no parábel ascenso de Arturo Ui [en referencia á obra do dramaturgo Bertolt Brecht], cando a dereita inventaba desculpas e provocacións para eliminar a esquerda do Parlamento”. Para Xosé Manuel Beiras, a teima do PP por inverter o sentido da realidade e das palabras é propia “dunha novela negra, pero de corte surrealista”.

Pola sua parte o PPdeG pide a "dimisión" de Beiras tachándo a sua actitude de "grave". O careo sucedeu cando o presidente da Xunta, en clara alusión ao portavoz de AGE, acusara a Jorquera de copialo, sobreactuando, e mesmo convidouno a sacar o zapato.

Sociedade