Beiras presidiu a constitución do Parlamento

Beiras presidiu a constitución do Parlamento

16 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda Xosé Manuel Beiras reclamou hoxe "practicarmos a ética como fundamento da política" tras presidir a sesión constitutiva, como o parlamentario de maís idade. Beiras bromeou indicando que tivo que vencer a tentación de disolver o Parlamento e convocar novas eleccións.

 A sesión constitutiva na que Pilar Rojo foi reelixida xefa do Lexislativo para o próximos catro anos empezou con protestas ante o Pazo do Hórreo. Arrincou con Xosé Manuel Beiras, de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), na Presidencia da Mesa de Idade, acompañado polos deputados máis novos, Eva Solla (tamén de AGE) e José Ramón Val (PSdeG).

   Pilar Rojo reeditar o seu mandato á fronte da Mesa do Parlamento, na que a acompañan os populares Miguel Santalices como vicepresidente primeiro e José Manuel Balseiro como secretario; a socialista Marisol Soneira como vicepresidenta segunda; e a tamén socialista Concepción Burgo como vicesecretaria.

   O arco parlamentario estará composto nesta IX Lexislatura por 41 deputados do PPdeG, 18 do PSdeG, 9 de AGE e 7 do BNG.

PROTESTAS ANTE O PARLAMENTO

   Á entrada da Cámara, concentráronse integrantes de distintos colectivos, entre os que se atopaban afectados as participacións preferentes e tamén membros da 'Plataforma Stop Desafiuzamentos', que increparon a deputados que entraban no Pazo do Hórreo. "Temos fillos que alimentar" e "nós a traballar e eles a roubar", sinalan as súas proclamas.

   Deputados do BNG, co seu portavoz, Francisco Jorquera á cabeza, reuníronse cos afectados polas preferentes, así como tamén se achegaron a eles os deputados de Alternativa Galega de Esquerda, con Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz á fronte.

Sociedade