Bela Lugosi no Outono de cine

Bela Lugosi no Outono de cine

21 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Bela Lugosi e Vampira protagonizan a película “Plan 9 from outer space”, unha longametraxe de Ed Wood do ano 1959. Proxectase mañá mércores con entrada de balde nos Cines Duplex de Esteiro en Ferrol. Forma parte do ciclo “Outono de cine”, organizado polo Concello da cidade departamental.

A temática do ciclo en decembro céntrase no cine serie B. Seleccionouse a curtametraxe Empatía, dirixida polo galego Carlos Seijo. Dura nove minutos e enmárcase no xénero de ficción/experimental. Trátase dunha alegoría espectral sobre o proceso de porse na pel do outro. A longametraxe “Plan 9” relata unha loita constante de superación e unha mostra, ás veces cómica, de ata onde pode chegar un director de cine por ver a súa história proxectada na grande pantalla. A película de Bela Lugosi proxectase mañá  mércores ás 8,30 da tarde nos Cines Duplex de Esteiro en Ferrol.

Cultura