Bella e Bestia contra a violencia machista

Bella e Bestia contra a violencia machista

22 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O feirón de Perlío (Fene) deste domingo 24 de novembro convertiráse no escenario da conmemoración do concello de Fene, do “Día Mundial contra a violencia de xénero” e o conto “La bella y la bestia” na representación plástica da igualdade. Dani Ríos e A Guagua encargaranse de dramatizar o conto ás 12 da mañá, na Praza da Escola de Perlío, nunha actividade lúdico-educativa para as fam

Dende as 11,30 da mañá xa haberá animación nas rúas que ocupa o feirón. O acto, que organizan os Servicios Sociais do concello de Fene, rematará cun acto de lembranza ás mulleres asasinadas e dos seus fillos e fillas. Consistirá no prendido de velas, a lectura do Manifesto institucional e a solta de globos.
Colaboran cos SS SS a Asociación de Amas de casa e consumidores de Fene, a AVV de Perlío e os participantes no espazo “In Fene”.

Sociedade