Bendita Cultura

Bendita Cultura
24 de Febreiro, 2021 - 12:21 h. | Publicada por Radio Fene

A Axenda Cultural de Ferrol vaise escribindo paseniñamente. A Capela do Torrente Ballester e o teatro Xofre serán escenario esta semana de catro espectáculos que se celebran entre o xoves 25 e o domingo 28 de febreiro. Música por partida doble, con Polisong e Sumrrá, teatro de signos con Jordi Bertrán e humor co monólogo de David Amor “Love está en el aire”.

Pölisong: Xoves 25 febreiro ás 20:00h. Capela do Torrente Ballester. "Os xoves da capela". (Na imaxe)

Nacidos en 2011 en Ferrolterra, Pölisong deseguido atoparon o seu camiño, un rock contundente que envolva ao público e non o solte ata o último acorde. Empezando cun estilo máis garaxeiro, influenciados pola onda de bandas escandinavas dos 90 ( Hellacopters, BackyardBabies…), o tempo enriqueceu o seu repertorio con infinidade de matices: así, a música da banda pódenos lembrar desde o rock máis sureño ata clásicos como Bad Company, Queen ou Led Zeppelin ou os máis actuais TheAnswer ou MonsterTruck.

David Amor: "Love está en el aire". Teatro Xofre. Venres 26 febreiro ás 20:00h. Ciclo de Humor.

Love está no aire é o novo espectáculo do cómico e actor David Amor. O pontevedrés coas mans máis grandes fala das súas novas inquietudes sen deixar de lado una das súas últimas paixóns: os aeroportos. David pensaba que non podería escribir un novo show se estaba todo o día vendo a tele… Ou si? E deuse conta de que hai programas de televisión que necesitan ser contados. Pero o show tamén nace da necesidade. Tras gañar o premio do público de Festival Internacional de Teatro de Villanueva de la Serena. Para todos os públicos. En galego.

Sumrrá: "Seis mulleres". Teatro Xofre sabado 27 febreiro ás 19:30h.

Sumrrá son Manuel Gutiérrez ó piano, Xacobe Martínez Antelo ó contrabaixo e LAR LEGIDO á bateria. Nos algo máis de 20 anos que levan xuntos, deixan atrás concertos por 5 continentes, posicionándose coma un dos tríos de jazz estatal máis importante. Neste 2021 están presentando o seu sexto disco, "6 Mulleres", adicado a seis mulleres referentes da loita feminista en todo o mundo. Sen dúbida o seu disco máis internacional chega no momento de maior visibilidade e recoñecemento da banda. Tipo de espectáculo: concerto de Jazz.

Jordi Bertrán: "Poemas virtuais" Teatro Xofre. Domingo 28 febreiro ás 12.30h. Selección Gourmet.

Espectáculo inspirado na maxia dos poemas visuais do poeta catalán Joan Brossa. As letras cobran vida para lograr que, coa súa manipulación, o xesto transfórmese en verso e o verso en emoción. Tipo de espectáculo: teatro de signos.

Cultura

Publica o teu comentario agora