Benvida a 2024 coa Orquestra Finisterre

Benvida a 2024 coa Orquestra Finisterre
29 de Novembro, 2023 - 12:07 h. | Publicada por Radio Fene

Desvelouse o misterio. A orquestra Finisterre e o mesmo DJ que animou a festa o ano pasado, Frank Fairlane, animarán as primeiras horas do ano 2024 en Fene. Anunciouno en Radio Fene a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira.

ESCOITA O PODCAST:

“Hai moita impaciencia por sabelo”, recoñeceu a concelleira que desvelou hoxe as grandes novidades da festa de fin de ano.

Ángeles Coira fixo público o anuncio en Radio Fene, iso si, respectando a transparencia institucional “xa o anunciei na comisión”, indicou. Fene dará a benvida por todo o alto a novo ano nunhas festas de Nadal que darán comezo oficialmente este venres, día 1 de decembro, co acendido do alumeado nas rúas e no acivro situado a carón do Concello que lucirá as súas mellores galas grazas á infancia de Fene. Será decorado con adornos feitos por nenos e nenas nos centros escolares feneses.

 

 

 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora