Berberecho, croque ou chícaro

Berberecho, croque ou chícaro
09 de Xaneiro, 2018 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Estamos no tempo do berberecho. Simplemente ao vapor, con limón ou con arroz, é un dos manxares que nos ofrecen as rías galegas. En Foz preparan para o sábado 20 e domingo 21 a festa do chícaro, que é como lle chaman pola zona ao molusco bivalvo.

Douscentos quilos de berberecho sairon pola lonxa de Cedeira na última poxa rexistrada no portal pesca de rias. Vendéronse a un prezo medio de catro euros. Tamén se subastaron vinteseis quilos de percebe, vintetres de choco e doce de linguado. Os prezos medios foron de 16 euros o percebe, cinco o choco e quince o linguado.

Na lonxa da Coruña houbo moito lirio (quince mil quilos a dous euros de prezo medio). Tamén saiu xurelo (525 quilos a 3,45 euros) e pescada (150 quilos a 3,57 euros), segundo se reflexa no

portal da Xunta de Galicia

Sociedade