Berberechos, navallas, ameixas, zamburiñas, ...

Berberechos, navallas, ameixas, zamburiñas, ...
03 de Setembro, 2019 - 12:18 h. | Publicada por Radio Fene

Tortilla de berberechos, Zamburiñas en prebe, ameixas á mariñeira, navallas á grella e chocos con fabas. Serán algúns dos vinteún pratos de marisco que se servirán na Sexta Festa Mariñeira que o sábado se celebra no peirao de Barallobre. O evento pretende promocionar o produto da ría e ao mesmo tempo reforzar ao movemento asociativo moi implicado na festa, segundo asegurou o alcalde de Fene Gumersindo Galego.

ESCOITA O PODCAST:
O alcalde de Fene co patrón maior da confraría e mariscadoras

A Festa Mariñeira comezará ás doce do mediodía e se prolongará durante todo o día, solapándose logo co Festival das Ondas. Actuarán A tribo das flores (21h.), Linda Guilala de Pontevedra, (22h) Hidrogenesse de Barcelona (23h) e o grupo de trap en galego Boyanka Kostova (Santiago de Compostela) (00h). Os concertos principiarán con puntualidade británica, afirmou o concelleiro de Promoción Económica Juan José Franco. Organiza o Concello de Fene coa colaboración da confraría de pescadores de Barallobre e do movemento asociativo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora