Bernardo Máiz, francotirador da memoria

Bernardo Máiz, francotirador da memoria

17 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un francotirador da memoria, un guerrilleiro da historiografía e un militante da verdade. De calquera deses xeitos se pode definir a Bernardo Máiz Vázquez, historiador e profesor, que onte recibiu nun emotivo acto en Santiago de Compostela o I Premio Manuel Murguía ao mérito historiográfico do 2010, concedido pola Asociación Galega de Historiadores. Ao xantar asistiron máis de 120 persoas relacionadas coa investigación histórica e coa cul

"A todos nos gosta recibir loubanzas e premios" afirmou Bernardo Máiz ao pronunciar as súas palabras de agradecemento, explicando tamén as razóns que o levaron desde hai máis de 30 anos a investigar a II República, a represión do franquismo e a guerrilla. Con citas de Cicerón, José Antonio Labordeta e José Afonso, Máiz debullou os compromisos e postulados éticos que deben presidir o labor do historiador. 

 

No acto tamén interveu Uxío Breogán Diéguez, quen gabou o compromiso de Bernardo Máiz, e César Martinez Yañez, no nome da Asociación Etnográfica e da Natureza e da Liga de Amigos de Barallobre. Recitaron poemas Mónica Bar Cendón, Claudio Rodriguez Fer e Carme Blanco. Mini e Mero puxeron o ramo ao homenaxe coa interpretación de 3 cancións, entre as que sobresaiu "Irmaos" sobre o poema do mesmo nome de Celso Emilio Ferreiro.

 

Cultura