Betagarri presentan novo disco en Galicia con ganas de festa antes, durante e despois dos concertos

Betagarri presentan novo disco en Galicia con ganas de festa antes, durante e despois dos concertos

03 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O oitavo álbum da discografía da banda de Gasteiz Betagarri escoitarase este venres na Sala Capitol de Compostela e o sábado no Mondo Club de Vigo. Bizitzari Txistuka é o título deste novo traballo no que atopamos un disco de ska máis puro, con menos arranxos dos habituais na música de Betagarri. En total, 14 temas qu

Coñecer diferentes lugares e xente e mesmo facer amigos é, segundo Unai, a razón que os leva a seguir tocando xuntos e a viaxar por medio mundo. Betagarri teñen xa 17 anos de traxectoria ás súas costas, unha andaina que lles permite presumir de ter viaxado a Xapón, Arxentina ou California. Esta semana quedan máis preto da casa para presentar ao vivo Bizitzari Txituka ao público galego.

O disco saíu á venda a finais de outubro e conta co beneplácito de público e crítica. Unha das cousas que máis sorprendeu aos vascos é que ao pouco de saír o álbum a xente que asistía aos seus concertos xa se aprendera as letras. Parte deste éxito probablemente se deba a que, segundo asegura Unai, cando publican un traballo céntranse ao 100% en defendelo.

Cultura