ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Biblioteca Municipal do Concello de Boiro, Casa da Cultura “Ramón Martínez López”, pon en marcha distintas actividades para o fomento da lectura. Este venres arrincan as sesións de contacontos. Celebraranse todos os xoves do 15 de outubro ao 16 de decembro para nenos e nenas de 2º e 3º de Educación Infantil, en horario de 16.30 a 17.30 horas. É necesario anotarse previamente. Para inscribirse pódese acudir á Biblioteca Municipal
O Club de Lectura é un grupo de lectores que se reúnen periodicamente para comentar un libro lido na casa. Nas reunións coméntase o lido e o impacto que tivo no lector: temáticas, estilo, acción, personaxes e, por suposto, sentimentos ou reflexións evocados polo texto. Non é unha reunión para especialistas en crítica literaria, nin para profesores de literatura, senón para lectores comúns. O obxectivo principal do Club de Lectura non é a análise exhaustiva da obra literaria senón incrementar o pracer da lectura ao compartilo con outros.
As reunións serán tódolos xoves ás 19.30 horas. Quen estea interesado en participar no club e non poida participar nese horario poderá comentar e debater a través de Internet no blogue do Club de Lectura. O primeiro libro a comentar no club será: “84, Charing Cross Road”, de Helene Hanff. En outubro de 1949, Helene Hanff, unha xove escritora descoñecida, envía unha carta dende Nueva York a Marks & Co., a librería situada no 84 de Charing Cross Road, en Londres. Apaixonada, maniática, extravagante e moitas veces sen un peso, a señora Hanff reclámalle ao libreiro Frank Doel volumes pouco menos que inatopables que calmarán a súa insaciable sede de descubrimentos. Vinte anos máis tarde, continúan escribíndose, e a familiaridade se converteu nunha intimidade case amorosa. Esta correspondencia excéntrica e chea de encanto é unha pequena xoia que evoca, con infinita delicadeza, o lugar que ocupan na nosa vida os libros... e as librerías.
A biblioteca prestará os exemplares dos libros aos participantes do club. As sesións do Club de Lectura empezarán o xoves 4 de novembro.Para inscribirse poden dirixirse á Biblioteca municipal (Casa da Cultura), por teléfono 981 848410 ou enderezo electrónico boiro@rbgalicia.org.