As bibliotecas da Coruña son das mellores do Estado por servizos como a rede wifi e as videotecas

As bibliotecas da Coruña son das mellores do Estado por servizos como a rede wifi e as videotecas

02 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A revista Consumer Eroski realizou un estudo sobre as bibliotecas públicas a nivel estatal. Logo de comparar 100 destes centros en 18 cidades de España, concluíu que unha de cada catro bibliotecas suspende en calidade por mor de carencias nos servizos ofrecidos e na seguridade. Non ocorre así na Coruña, os segundos mellores espazos nesta materia, só por detrás das de

A extensión das novas tecnoloxías obrigou a que as bibliotecas públicas se tornen algo máis ca o lugar onde só se consultan, se preservan e se prestan os libros. Fonotecas, videotecas, salas de ordenadores ou conectividade wifi comparten espazo e protagonismo con andeis inzados de novelas, ensaios, enciclopedias... Agora ben, esa transformación non é, nin moito menos, homoxénea. Así o comprobou Consumer Eroski, que asegura nun estudo que só unha de cada catro ofrece salas de estudo para grupos, o 27% carece de zona wifi e as consignas só están dispoñibles e de xeito gratuíto en 22 dos 100 centros estudados. Ademais, o 40% non está dotada de postos para ver arquivos de vídeo ou de audio. Estas carencias conviven, non obstante, coa boa información e atención ofrecida nestas instalacións públicas (no 87% das visitadas atopáronse carteis claramente visibles con indicacións sinxelas sobre como e onde atopar as diferentes salas da biblioteca), con correctas medidas para garantir a accesibilidade destes recintos e coa excelente limpeza observada nas bibliotecas do estudo (no 90% dos espazos analizados, os materiais de empréstito e de consulta estaban en correcto estado e ordenados nos estantes).

Sociedade