Bicicleta ou piscina

Bicicleta ou piscina

11 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A responsabilidade da lectura non reside só na familia e na escola. Toda a sociedade debe implicarse, segundo o profesor de Didáctica da Língua e da Literatura, da Universidade de Granada, Juan Mata. A promoción da lectura é a sua teima profesional, máis que demostrada coa publicación de libros como “10 ideas clave de animación a la lectura: hacer de la lectura una práctica feliz, trascendente y deseable (2009) ou &ldq

Defende Mata que a responsabilidade da lectura non é so dos pais e dos mestres, senón que ten que implicarse todo o mundo, e como exemplo citóu aos pediatras. Tamén defende que o libro é perfectamente compatible coa televisión, coas novas tecnoloxías.Son complementarios e compatibles.

Reflexiona Mata que o dilema é falso “é como prantexarse se bicicleta ou piscina”. Tamén se referíu Juan Mata Anaya aos clubs de lectura, dos que se confesa “ardente defensor” porque facilitan a posibilidade de ampliar a lectura coa conversación, abren a posibilidade de escoitar opinións sobre as historias que leemos.

Por se resulta de interés, aí están os seus libros pero tamén o seu blog  “discretolector”.

Sociedade