A billarda fai patria en Fene

A billarda fai patria en Fene

12 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A billarda é un xogo popular que como tantos, por pobre, estivo desaparecido desde hai medio século. Con dous paus pódese conseguir divertimento a esgalla, precisión, habilidade e relacións. Agora é Galiza Nova de Fene quen quere introducir este deporte popular e axeitado para disputar ao aire libre, no concello fenés coa axuda da xente de Cabanas que leva xa unha tempada promocionándoo. 

Bng e Galiza Nova organizan para mañá venres o I Encontro Aberto de Billarda de Fene. A cita será  a partir das 7 na rua e praza do Concello. Todos aqueles e aquelas que se queiran apuntar poderan facelo sen compromiso, non importa a idade. Os participantes contarán cuns 40 xogos de billarda.

Lembramos que a billarda é un xogo popular que nos últimos anos se está intentando recuperar da man de diferentes organizacións. O voceiro do BNG de Fene, Manuel Polo, destacou para Radiofusión a recuperación que está a vivir esta actividade.

Sociedade