A biomasa como fonte de calefacción permite aforrar un 10% no gasto enerxético

A biomasa como fonte de calefacción permite aforrar un 10% no gasto enerxético

08 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A biomasa centra a oitava edición do programa Efecto Dinamo. Igual que se utilizan a luz do sol ou o vento, esta fonte de enerxía limpa ofrece a posibilidade de utilizar os residuos e refugallos de determinadas actividades para xerar calor ou electricidade. Recorda, en certo xeito, ao uso tradicional da leña nas vivendas tradicionais, aínda que o seu proceso actual de obtención, e as instalacións que emprega, resultan máis complexo, do mesmo xeito qu

A biomasa convértese en alimento de estufas e caldeiras e convérteas en máis eficientes. Unha estufa eléctrica require dunha gran cantidade de enerxía para quentar zonas puntuais dunha vivenda, pero coa biomasa este gasto pódese reducir máis dun 10 por cento. Investigadores universitarios, representantes públicos e empresarios do sector deixaron as súas opinións sobre a biomasa na oitava entrega de Efecto Dinamo. Trátase dunha iniciativa europea á que se sumaron 300 emisoras de sete países, entre elas as Emisoras Municipais Galegas. Pódese descargar de esta web ou escoitar o venres no marco do magazine Arredor de nós.

Sociedade