B.J. Feijoo e a identidade galega no século dezanove

B.J. Feijoo e a identidade galega no século dezanove

13 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Benito Jerónimo Feijoo foi un referente dentro da recuperación da identidade galega do século XIX e queremos destacar aspectos do seu pensamento que aínda teñen vixencia”. Francisco Díaz-Fierros sintetiza así a esencia do seminario B.J. Feijoo. Renovador do Pensamento da Ilustración que o Consello da Cultura Galega desenvolveu no Liceo de Ourense e que coincide co 250 aniv

Xosé Ramón Barreiro Fernández ofreceu unha nova ollada sobre a obra do mestre Feijoo tomando como referencia o legado deixado sobre o frade por dúas intelectuais como foron Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán. O profesor da universidade de Vigo Luis Rodríguez Ennes enriqueceu esa visión de conxunto do que Feijoo significou para a cultura galega, cun relatorio encamiñado a trazar a vixencia do seu pensamento no ámbito xurídico-social.
O programa completouse con dúas conferencias máis, unha a cargo de Inmaculada Urzainqui, profesora da Universidade de Oviedo e do Instituto Universitario Feijoo de Estudos do Século XVIII, que situou o seu legado nos inicios da historiografía da cultura. Pechou este seminario Antonio Lafuente cunha conferencia titulada “Unha segunda ilustración no século XXI”.
Cultura