Blanco coloca en Fene a primeira pedra da base de salvamento marítimo

Blanco coloca en Fene a primeira pedra da base de salvamento marítimo

30 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene albergará a principal base de salvamento marítimo de España, segundo o alcalde Iván Puentes. O ministro de Fomento José Blanco entregará mañá unha maqueta da edificación que se levantará en Vilar do Colo no prazo dun ano.

O ministro chegará a Ferrol ás 11 da mañá onde previsiblemente anunciará ás obras do tren ao porto exterior de Caneliñas. Logo ás 12 visitará as parcelas de Vilar do Colo e ás 12,15 chegará á Casa do Concello de Fene para expoñer o proxecto. Fene albergará a principal das 5 bases de salvamento marítimo, segundo manifestou esta mañá Iván Puentes.
José Blanco ademais asinará un convenio co Concello de Fene para salvar a via do tren en dous puntos do casco urbano. Acometeráse un paso subterráneo na zona do apeadeiro de Perlío e un elevado nas inmediacións do cruceiro.Será a terceira ocasión na que José Blanco se achega a Fene desde as pasadas eleccións municipais.

Sociedade