Blas Piñar da calabazas

Blas Piñar da calabazas
04 de Maio, 2020 - 12:36 h. | Publicada por Radio Lugo

O artesán Blas Piñar, orixinario de Berga en Catalunya e afincado no Corgo (Lugo) traballa as cabazas no seu obradoiro, converténdoas en lámpadas e outros obxectos.

ESCOITA O PODCAST:

Foi a través do axente forestal de Triacastela, Xan Cela, que coñecemos a un artesán do Corgo (Lugo) ben singular. Singular polo que fai coas cabazas que el mesmo cultiva e polo seu nome, Blas Piñar. Cóntanos Cela que este home naceu en Lleida e foi parar ao Corgo por razón sentimentais. Acabou sendo un reputado artesán cun obradoiro propio no que fabrica lampadas e outros obxectos de decoración. O mesmo Blas Piñar encárgase do cultivo das cabazas cuxa produción anual anda polas 1200 e 1400 pezas. Neste momento procédese á súa plantación e recóllense no mes de decembro ou xaneiro. Cóntanos Blas Piñar que o proceso de secado das cabazas dura uns 9 meses, un proceso lento seguido doutros, ata que as cabazas se converten en madeira.

Con elas fai as botellas que levan os peregrinos, concos, porta velas, lámpadas e, ultimamente, grazas ás ovellas do seu amigo Xan Cela, bolsos con lá de ovella galega que poden durar moitísimos anos. “Este é o segundo ano que imos facer vasos biodegradables coas cabazas, para substituír os vasos de plástico”, explícanos Blas, quen non ten reparo en contarnos nesta entrevista algunha anécdota do seu nome coincidente co que foi líder de Fuerza Nueva entre 1966 e 1982. “Na mili, afirma, foime ben ao chamarme Blas Piñar porque “pasei de fusileiro explorador a pintor de paredes”.

Cultura

Publica o teu comentario agora