BNG: “A Xunta ataca ao ensino público, un dos piares básicos dunha sociedade”

BNG: “A Xunta ataca ao ensino público, un dos piares básicos dunha sociedade”

29 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Contra a reestructuración da oferta educativa no Ensino Secundario e a Formación Profesional, o BNG de Ferrol presentou esta mañá unha moción para a retirada do decreto da Xunta de Galicia. A formación nacionalista denuncia tamén os agrupamentos e a reducción de prazas de Educación Infantil e primaria, que afectan especialmente a nosa comarca, subliñan.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista de Ferrol demandan do concello que se posicionen a favor das súas reivindicacións. Pedirán ao pleno da corporación que reclamen da Consellaría de Educación unha rectificación nin máis ataques contra o ensino público.

A moción presentarase en todos os concellos da comarca e se debaterá no mes de xullo, sinalou o membro da executiva comarcal, Manuel Rodríguez Doval. “Non quixemos agardar á constitución das corporacións para que non morra o tema e se poida recuperar o debate en setembro”, explicou.

Segundo a vice-reponsable comarcal, Mercedes Tobío, o decreto é un ataque en toda regra contra os piares básicos da nosa sociedade. En tempos de crise hai que facer recurtes pero nunca no ensino público, precisou.

A reforma do ensino era necesaria pero facéndoo en tempo e formas correctas, engadiu a voceira nacionalista. “Non houbo diálogo  coas comunidades educativas e saltáronse as regras propias da consellaría. O único obxectivo da Xunta é facer unha reconversión sen dar tempo á contestación social polas datas nas que se comunica”, manifestou.

Sociedade