BNG e PSOE de Fene siguen nas trece

BNG e PSOE de Fene siguen nas trece

06 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

PSOE e BNG de Fene volverán xuntarse esta tarde ás 20.00 horas para estudar a posibilidade dun acordo na sesión constitutiva da nova corporación local, convocada para o vindeiro sábado. Cada formación reclama para sí mesma a alcaldía, e a confluencia semella estar dificil.

O venres pasado a asamblea de afiliados do BNG acordóu que no pleno do sabado votará polo seu candidato, Juventino Trigo, para a alcaldía. Diante do empate de concelleiros entre BNG e PSOE, os nacionalistas optan por esa vía frente á de apoiar a Iván Puentes ao que consideran derrotado nas eleccións. Esta mañán pedimos argumentos a unha e outra forza en litixio e o resultado non se moveu dende o sabado.

Manuel Polo reafírmase no voto ao seu candidato alegando que o BNG ten a mesma representación que os socialistas e en que estes últimos demostraron nos últimos catro anos a sua ineptitude para gobernar. Polo insistiu en que son os mesmos candidatos e dous menos que antes, o que agravaría aínda máis a situación para os veciños-as de Fene.

Iván Puentes insiste en que, da esquerda, o PSOE é a forza máis votada e polo tanto con máis dereito a detenter a alcaldía. Engade que é “inasumible” apoiar ao candidato do Bloque. Alude aos acordos adoptados polas duas forzas políticas a nivel galego para que non propiciar os gobernos do PP nos concellos.

As posturas non se moveron dende a fín de semana. Ás 20.00 desta tarde volveránse sentar e todo parece indicar que non haberá cambios. Iván Puentes anuncióu que o PSOE local reunirá aos seus afiliados este xoves, dia 9.

Mentras o PP e EU agardan tranquilos a sabendas de que todo depende dos outros.

Sociedade