Boa dinámica

Boa dinámica
26 de Febreiro, 2024 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

Nunha boa dinámica se atopa o Maniños B na Segunda Galicia de fútbol. No partido de onte domingo fronte ao Miño B, participaron dous xogadores xuvenís. "Estamos recuperando xogadores e nunha boa liña" salienta o adestrador Álvaro Dopico "Chiqui". Comezou adiantándose o Maniños B "e nos anularon un gol por fora de xogo que os propios xogadores de Miño indicaron que non se producira" apunta o míster do equipo filial do Pote. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños B Álvaro Dopico "Chiqui":

http://173.255.131.18/audio/260224DOPICO.mp3

Fotografía Xan Xe

"Ao final o equipo rival meteu dous goles, de mala sorte e lle deron a volta ao resultado" recoñece o adestrador.  Maniños B 1 - 2 Miño B. A próxima xornada o equipo branco visita ao Mugardos B na última xornada desta fase da liga da Segunda Galicia de fútbol.

 

Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora