Boa viaxe, Sonia

Faleceu esta noite a bibliotecaria municipal de Fene, Sonia Iglesias.
03 de Decembro, 2018 - 11:27 h. | Publicada por Radio Fene

Sonia Iglesias Martínez incorporouse ao seu posto de bibliotecaria de Fene o 9 de decembro de 2002.

Esta mañá os traballadores e traballadoras do Concello de Fene iniciamos a xornada cunha noticia inesperada, a morte da compañeira Sonia Iglesias, bibliotecaria municipal que levaba catro anos de baixa a causa do cancro. Loitou incansable contra el ata o punto de convencernos da súa cura en repetidas ocasións que nos visitaba dende o seu Ourense natal. Sonia era o sonriso permanente diante da adversidade. Esta tarde ás 15,30h sairá un microbús de Fene en dirección a Ourense, cunha representación de traballadores e traballadoras do concello, para despedila.

Sempre colaborou con Radio Fene de distintas maneiras; informándonos e comentándonos as novidades literarias que chegaban á biblioteca municipal; sendo xurado no concurso de Cartas de Amor; facilitándonos a retransmisión dos Maratóns de lectura "Fene, Lendo mulleres" polo 8 de marzo. Multiples iniciativas súas daban vida a ese lugar cheo de aventuras escritas. En dias como estes, en víspera do Nadal, lía para nos, a través das ondas, os bos desexos que os lectores máis pequenos da biblioteca Perez Parallé deixaban colgados na árbore que amorosamente ela colocaba nese recinto da Casa da Cultura. Con pinzas da roupa tendía as cartolinas de cores que levaban o desexo impreso. O noso desexo que colgamos este Nadal da árbore é que teñas unha boa viaxe.

Institucional

Comentarios

Meu mais sentido pesame a familia por la perda de unha persoa tan entrañable
Nome: 
Manolo pico

Estimada Sonia, intel·ligent, amable i divertida com ningú. Encomanaves a tothom el teu bon humor. Amics gallecs de Fene i Ourense, lamento moltíssim la vostra pèrdua. Una abraçada a germans, marit, filla i nebots. Un petó des de Catalunya, la trobarem a faltar per sempre.
Nome: 
Josep

Que la luz d tu sorriso nos siga iluminando, Que tu semblante nos siga namorando Que sin estar seas parte de nos..... Gracias,Gracias,Gracias
Nome: 
Xorxe

Hay personas que te acompañan solo una parte del camino, pero no por eso son menos importantes en tu vida......gracias por haberme hecho reír tanto La mujer de la eterna sonrisa, que nunca has perdido...... Boa viaxe
Nome: 
Ana

Publica o teu comentario agora