Boas capturas no inicio da campaña da ameixa na ría de Ferrol

Boas capturas no inicio da campaña da ameixa na ría de Ferrol

18 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As confrarías de Ferrol e Barallobre comezaron esta mañá unha nova campaña da ameixa que de momento se salda con normalidade e boas capturas. A ría de Ferrol volveu a abrirse á extraccion durante duas semanas.

A nova campaña marisqueira na ria desenvolveráse, de momento durante 15 dias, entre o 18 e o 29 de maio, ainda que, de ir ben, podería ampliarse á primeira quincena de xuño. A campaña comezou con normalidade e capturas aceptables, a talla é boa,en palabras do vicepatrón de Barallobre,Manuel Bañobre.

O vicepatrón da confradia de Fene, opina que entre as ventaxas de empezar agora está que non hai competencia doutras zonas aínda pechadas. As datas coinciden coas camuñóns e outras festas que poden axudar nos prezos.Nesta campaña da ria ferrolana manteránse pechadas unicamente as zonas de Santa Lucía e a zona de Imenosa. En función das capturas e dos prezos que acade a ameixa, decidirán se se prolonga en xuño.

Representantes das cofradías reúnense mañán por primeira vez co Secretario Xeral de Recursos Mariños do novo goberno para falarlle dos problemas da ría, en particular demandaránlle a retirada dos cascallos baixo a Ponte das Pias.

Sociedade