Boimorto acollerá o IV Encontro de debate sobre o medio rural

Boimorto acollerá o IV Encontro de debate sobre o medio rural

26 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Nova Escola Galega ten previsto celebrar os días 6 e 7 de novembro en Boimorto o IV Encontro de debate sobre o medio rural baixo o título “Os nosos proxectos: acadando as competencias básicas”. Nesta cuarta edición preténdese afondar nalgunhas temáticas que inciden directamente no proceso de cambio que afecta ao medio rural desde hai xa varias déc

En liña coas conclusións aprobadas nos Encontros anteriores, serán presentadas as propostas e accións dos colectivos e organizacións comprometidos coa defensa da educación no rural, e dedicarase un amplo espazo para a presentación de experiencias educativas, proxectos, recursos innovadores e/ou estudos e investigacións sobre distintos aspectos relacionados co medio rural.

Co obxecto de poñer en valor o potencial educativo do medio rural, aproveitarase didacticamente as experiencias desenvolvidas en diferentes centros de Galicia, ao tempo que se buscará a perspectiva que, sobre a realidade actual da educación no medio rural, teñen diferentes especialistas.

O programa elaborado quere, unha vez máis, darlle valor e visibilidade ao traballo daqueles colectivos e entidades preocupados e ocupados na mellora da educación no rural. Por este motivo convidámosvos a participar neste IV Encontro compartindo cos participantes e con Nova Escola Galega as vosas achegas, no marco das actividades previstas.

Sociedade