Boiro moverase ao son do “Flores en la carretera” de Jabón Blue

Boiro moverase ao son do “Flores en la carretera” de Jabón Blue

25 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A banda do Barbanza, Jabón Blue, volven neste 2010 e fano con novo e terceiro álbum, Flores en la carretera. Un traballo ao que dá título un dos cortes do disco, no que Javi Maneiro, líder e vocalista da formación, lembra a traxedia dos accidentes de tráfico, tan habituais nesta comarca galega. Nesta canci&oacute

Despois de contar con Segundo Grandío para masterización do seu primeiro álbum, La música va por dentro (2006), neste terceiro traballo a banda quixo volver traballar co músico, xa como produtor. Flores en la carretera gravouse a última semana do mes de xaneiro e Maneiro amósase moi satisfeito co resultado dun disco que aínda que soa a rock and roll, tamén ten certos toques do pop dos 60 e 70.

Flores en la carretera xa está á venda, publicado por PAI Música. No seu segundo disco, By the white (2008) Jabón Blue apostara pola autoedición, pero Maneiro recoñece que é máis fácil moverse apoiado por un selo discográfico.

Cultura