A bomba non entrou

A bomba non entrou

15 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O gaseiro “LNG Abuja” non cruzou finalmente a ría de Ferrol. Mália todo medio cento de persoas concentrárose esta tarde diante do edificio da Xunta de Galicia de Ferrol para denunciar a entrada deste buque, número 57 dende que empezou a funcionar a planta de Reganosa. A protesta foi convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, plataforma que agrupa a máis de 50 entidades locais, que levan 10 anos loitando c

O ”LNG Abuja” gaseiro con bandeira das Illas Bahamas, e cunha antigüidade de perto de 30 anos non puido acceder esta tarde á planta de Reganosa tal e como tiña previsto. As razóns polas que este buque non entrou na ría, hai que buscalas, segundo sospeitan dende o Comité Cidadán de Emerxencia, na inoperancia da planta de Mugardos que, segundo manifestan, está a producir a un 30 % da súa capacidade. Na opinión do coordinador da playtaorma, Manuel Angel Rodríguez Carballeira, éste é un exemplo máis da innecesaria presenza da planta na ría, xa que co de hoxe son once os gaseiros que non puideron acceder as instalacións de Mugardos.

O Comité Cidadán de Emerxencia aproveitou tamén a concentración de hoxe para dar a coñecer á cidadanía o novo calendario de actividades e movilizacións sociais previsto para o vindeiro ano, no que se cumpren ademáis dez anos da súa creación. Entre outras cousas teñen previsto ampliar as denuncias contra a planta de Reganosa ante a Comisión Europea, posto que, segudo denuncian, segue habendo irregularidades coma a da chegada do buque nº 56 que entrou incumprindo as propias normas de seguridade da Autoridade Portuaria de Ferrol. O Comité ten nestes momentos doce contenciosos admitidos a trámite nas administracións de xustiza á espera de que o Tribunal Supremo se pronuncie.

Sociedade