ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Consellería do Mar promove os produtos frescos e transformados do sector pesqueiro galego e potencia a imaxe nacional e internacional do noso sector marítimo “Mediterranean Seafood”que se celebra en Rimini (Italia) ata o vindeiro martes. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, apoiará ao sector coa súa presenza no evento.
A Consellería do Mar participará neste evento cun stand de 320 m2. O obxectivo do departamento dirixido por Rosa Quintana é promocionar os productos frescos e transformados do sector pesqueiro galego no mercado italiano así como potenciar a imaxe nacional e internacional do noso sector marítimo neste evento internacional.
O posto da Xunta de Galicia contará con coexpositores de 17 empresas diferentes, relacionadas co mundo do mar e dos conxelados. A “Mediterranean Seafood” destaca pola súa especialización en tecnoloxía e produtos da pesca do Mediterráneo e polo seu interese en sectores coma o da acuicultura, tanto marítima coma terrestre.