As bonecas enmascaradas

As bonecas enmascaradas
23 de Decembro, 2020 - 02:07 h. | Publicada por Radio Fene

Os xoguetes véndense ben a pesar da pandemia. Se é necesario as xogueterías repártennos a domicilio como se foran os propios reis magos. Hai bonecas con mascarilla e os xogos de mesa están a ser moi demandados.

ESCOITA O PODCAST:

Falamos estes dias previos do Nadal, de axendas, de menús, almanaques e agasallos varios pero tiñamos pendente falar de xoguetes. Para iso achegámonos á xoguetería Din&Don, na estrada de Castela nº 882 de Narón onde nos atende a súa xerente , Mª Carmen Fernández, quen agradece a toda a clientela o seu apoio e fidelidade neste ano tan singular. "As vendas van moi ben" nos transmite esta xogueteira que non escatima esforzos en repartir os xoguetes a domicilio se fai falla. E é que este ano, a causa dos peches perimetrais, a moitas nais e avoas élles imposible ir a Narón ou Ferrol a mercar os agasallos dos máis pequenos cando na súa localidade non hai xogueterías. Os xogos de mesa trunfan este Nadal porque as familias acostumáronse a xogar na casa entre tanto confinamento e vida familiar, segundo nos confesa Fernández quen describe un montón de xoguetes que trunfan este ano, mediatizados pola tele pero agora cunha grande influencia a través das redes.

Sociedade

Publica o teu comentario agora