Boney M, Bustamante e Chenoa, a polémica nas Pontes

Boney M, Bustamante e Chenoa, a polémica nas Pontes

29 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Arde a rede coas críticas en torno á programación das festas do Carme nas Pontes. Na páxina amigus.org abundan os comentarios de censura pola contratación de Bustamante e Chenoa para os festexos de xullo. Queixanse do elevado presuposto que se gastará o Concello nos triunfitos. Xa en Facebook xurdira un grupo reclamando a Boney M. A dia de hoxe contan con 765 membros e califican ao grupo como unha das iconas da música disco do século X

“A Contracorriente”, o sexto disco de David Bustamante saiu á venda a comezos do pasado mes de marzo. O CD, gravado en Miami, presentouse en vivo nunha completa xira iniciada xa nas pasadas semanas. Cancións como “Abrázame muy fuerte” soarán tamén no concerto de Bustamante, o domingo 18 de xullo dentro das Festas do Carme nas Pontes. Tamén Chenoa participará nos festexos de xullo na vila pontesa o sábado 17 de xullo presentando o seu último traballo Desafiando la gravedad.

 

O xornal La Voz de Galicia anunciou na súa edición de hoxe as datas dos concertos nas Pontes de Chenoa e Bustamante. A reacción non se fixo esperar a través da rede e nomeadamente na páxina www.amigus.org, onde abundan os comentarios críticos por ese cartel no programa das festas do Carme. 

 

Queremos que Boney M actue en las fiestas del Carmen 2010” é o nome dun grupo de amigos formado no Facebook. Reuniu máis de 250 amigos en poucos dias pero semella que a iniciativa tivo escaso eco ata o momento entre os organizadores dos festexos, o Concello da localidade. As Pontes gábase na páxina web do Concello que é a única vila galega do interior que honra á Virxe do Carme nas súas festas patronais, que todos os anos remata o 24 e 25 de xullo coa romería da Fraga.

Sociedade