Bos e xenerosos

Bos e xenerosos
05 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Merecida homenaxe á familia de Rudesindo Díaz Beceiro e Benigna Corral Yáñez, un matrimonio de Narón que nos tempos máis duros da ditadura franquista acolleu a persoas perseguidas. Terá lugar o sábado, día 6 de abril, no parque do Cadaval, en Freixeiro.

A familia Díaz Corral vivía no Camiño de Cornido, na parroquia do Couto, e entre os anos 1936 e 1954 axudou a numerosas persoas. Na bodega da súa casa construíu un agocho onde se resgardou temporalmente moita xente, en ocasións ata seis persoas, ás que daban acubillo e alimentos. Rudesindo e Benigna tiveron dous fillos, que seguiron axudaron cando seus pais faleceron. A valentía e xenerosidade desta familia terá un merecido recoñecemento. O Concello de Narón e a Asociación Memoria Histórica Democrática organizan o acto público, que dará comezo ás 12 horas e no que se descubrirá unha placa. Asistirán familiares e veciños da familia Díaz Corral e contarase coa implicación de Siro López, pois a súa familia foi unha das protexidas. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora