Bos resultados de Edgar Vigo e Fátima Ameneiro

Bos resultados de Edgar Vigo e Fátima Ameneiro
26 de Novembro, 2019 - 08:49 h. | Publicada por Radio Fene

Édgar Vigo e Fátima Ameneiro Campións de España do SuperCER en 2 rodas motrices e Subcampións de España da CERA de R2. Tras unha moi mala campaña, a experiencia do equipo valeulles para obter estes bos resultados.

Coche de Edgar Vigo e Fátima Ameneiro nas Ventas. Madrid

Édgar Vigo e Fátima Ameneiro despiden esta tempada con dous  novos resultados a incluír no seu extenso palmarés. Durante a pasada fin de semana, coa celebración da última proba puntuable para o novo Supercampeonato de España de Rallyes e o consolidado Campionato de España de Rallyes de Asfalto, o equipo da Escuadra Scratch Fene mostrouse como un dos máis regulares e que mellor partido sacou á súa participación nas últimas probas do campionato. Tras un ano con 5 abandonos de 10 carreiras, o saber estar e aproveitar as súas posibilidades analizando perfectamente o devir do campionato valeulles para a obtención destes éxitos.

 
No Rallye de Madrid, o equipo saía a competir sabéndose xa campión de España de 2 rodas motrices do SuperCER, un obxectivo que se marcaron ao comezo da tempada cando quixeron apostar por este novo certame que seguro será o protagonista nun futuro dos campionatos automobilísticos estatais. É un fito que nunca se esquecerá, xa que Édgar e Fátima son os primeiros gañadores da historia de 2 rodas motrices do SuperCER. Ao mesmo tempo, o equipo buscaba a obtención do Subcampeonato de España de R2 en asfalto. Para iso, era suficiente con finalizar na 10ª posición dentro da categoría ou que Pep Bassas, non alcanzase unha posición entre as 4 primeiras da categoría. Finalmente, un abandono o venres por avaría mecánica na bomba de gasolina, deixaba todo en mans do resultado de Pep que, nesta ocasión, finalizou en quinta praza e por tanto, o subcampeonato caeu ao lado do equipo fenés.

 

"Foi unha tempada para esquecer pero a base de sacrificio e sentido común obtivemos un título histórico. De cara ao ano que vén non sabemos o que faremos xa que a vida deportiva coas nosas dúas nenas, cada vez é máis complicada, pero estamos moi satisfeitos do traballo realizado" apunta Fátima Ameneiro.

 

"Volvemos marcar cun "tick" outro obxectivo fixado ao principio dunha tempada. Somos Campións de España de 2 rodas motrices e estamos moi contentos dellograr un título importante. Queremos agradecer a todos os que nos apoiaron a súa confianza, demostrándolles que somos un valor seguro" indica Edgar Vigo.

Deportes

Publica o teu comentario agora