A botadura do Arteaga

A botadura do Arteaga
24 de Xaneiro, 2019 - 01:56 h. | Publicada por Radio Fene

Na botadura do Arteaga moitos enxeñeiros e televisións xaponesas viñeron pola expectación que despertou. Dadas as dimensións e o peso do buque especulábase que o lanzamento ao mar no sairía ben. Ao remate moitos dos xaponeses paparon unha molleira dado que a onda xenerada polo Arteaga bañou a ponte das Pias.

ESCOITA O PODCAST:
Botadura do Arteaga

O Arteaga lanzouse ao mar o quince de abril de 1972. Debido as dimensións deste barco, a súa botadura constituíu un fito na historia da construción naval mundial polo perigo e complicación que supoñía. Técnicos de toda Europa, Chile e Xapón viñeron a observar a manobra. A causa do seu enorme peso corríase co risco de que partise ó entrar en contacto coa auga ou encallase no fondo da ría. Non obstante, a botadura foi impecable e isto fixo que se incrementase o prestixio de Astano nos estaleiros dos cinco continentes.

O buque foi a construción número 226 do estaleiro, con 323.073 toneladas, 330 metros de eslora e 53,30 de manga.  No seu tempo foi o maior buque construido en Europa e o máis grande do mundo botado en grada inclinada. E o record do Arteaga bateuse no estaleiro de Perlío: o "Santa María", con 365.000 toneladas lanzouse ao mar tamén dende a grada inclinada en 1975. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora