A botadura do Laietá

A botadura do Laietá
21 de Decembro, 2018 - 10:19 h. | Publicada por Radio Fene

O 21 de decembro de 1968 Astano realizou a botadura do metaneiro Laietá. Era unha nave de 21.700 toneladas de peso morto, de avanzado deseño para a época, equipada coa tecnoloxía necesaria para as delicadas condicións de transporte de metano, gas que require temperaturas crioxénicas, menos 160 graos centígrados. Este metaneiro, foi o primeiro barco realizado na península ibérica para transporte de gas natural licuado.

Botadura do Laietá

En 2008 o propietario do buque, Marítima do Norte, vendeuno para o despece. Nos seus 40 anos de servizo, non rexistrou ningún accidente. Hoxe 21 de decembro, cúmprense 50 anos dende a botadura do Laietá, metaneiro exemplo de innovación tecnolóxica en Astano.

Sociedade

Publica o teu comentario agora