Branca e radiante vai a moza...

Branca e radiante vai a moza...

23 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

FIMO volverá ser en novembro o escaparate dende o que se avancen as novas tendencias en moda nupcial. Será a través do Salón Nupcial de Blanco, que entra xa na sua  edición número 11. Con máis de 6.000 metros cadrados, De Blanco é, para visitantes e expositores, unha oportunidade única. Para os primeiros, porque lles ofrece a ocasión de preparar dende o primeiro ó último dos detalles da sua ceremonia nupcial; para

Estes dous factores son determinantes para que en cada edición se incremente a participación con respecto a anos anteriores. A un mes e medio da apertura da edición de 2010, que se inaugurará o día 5 de Novembro, as expectativas son máis que boas. A día de hoxe, o número de expositores inscritos ronda xa o medio cento, cifra de participación da pasada edición, e ademáis sumáronse novos productos e sectores, non presentes en anteriores ocasions.

No salón teñen espacio todolos sectores implicados na  celebración de cerimonias nupciais: restauración, hostelería, imaxen e son, viaxes, floristería, imprenta, listas de boda, agasallos, animación, perruquería e estética, óptica, balnearios con paquetes especiais para noivos, inmobiliaria, roupa de festa, coches de aluguer, complementos, etc. Todo o que unha parella necesita para que nada falle na celebración da sua boda.

De Blanco suma o atractivo das actividades paralelas dirixidas ó público visitante, como os desfiles diarios. Dende a pasarela nstalada no salón, durante os tres días de celebración do certame, os expositores dan a coñecer as últimas tendencias en moda nupcial. O certame complementase co IX Concurso de Xóvenes Deseñadores de Moda Nupcial, convocatoria á que cada ano acuden estudiantes das escolas de deseño de España e Portugal.

Sociedade