Brinquedia denuncia que a Xunta paralizou o plan de apoio aos xogos tradicionais

Brinquedia denuncia que a Xunta paralizou o plan de apoio aos xogos tradicionais

11 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O vocabulario galego inclúe moi variadas formas para denominar ao mesmo xoguete (peón, trompo, buxaina, sevillana, nocella...) e a fraseoloxía popular (“Polo San Martiño, peóns ao camiño”) indica claramente cal é a época de comezar a utilizalo. Desde Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional, queren que toda esta riqueza léxica continúe designando realidades presentes. Organizan neste 11 de novembro o Día do Pe&oa

Milleiros de peóns bailan hoxe simultaneamente en Galicia. O acto central celébrase en Santiago, onde se dará de xeito simbólico o pistoletazo de saída á tempada de buxainas. Ademais, a meirande parte dos centros escolares da comunidade sumáronse a iniciativa de Brinquedia e organizaron actividades relacionadas con este xoguete tradicional, tales como campionatos, concursos, manualidades ou investigacións.

O coordinador de Brinquedia, Lois Pardo, asegurou en Radiofusiòn que os nenos de hoxe “continúan a bailar o peón con tanta ilusión como se facía anos atrás”. O problema, apunta, está en que moitos destes rapaces non teñen acceso aos xogos tradicionais. O Goberno bipartito deixara redactado un plan estratéxico para a posta en valor do patrimonio lúdico, un proxecto que, segundo denuncian desde Brinquedia, o actual executivo paralizou. O colectivo agarda reunirse co conselleiro de Cultura, Robero Varela, para explicarlle as súas reivinciacións.

A Rede Galega de Xogo Tradicional tamén chama á implicación social. Para defender o patrimonio inmaterial galego Lois Pardo propón unha solución sinxela: manter o contacto interxeracional. “Os nenos aprenderían e resultaría terapéutico para os maiores”, argumentou.

Sociedade