Bruxelas desconfía das condicións do marisco depurado procedente de zonas C

Bruxelas desconfía das condicións do marisco depurado procedente de zonas C

19 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Comisión Europea rexeita a práctica da “depuración intensiva” que promove a Xunta para permitir a comercialización do marisco extraido das zonas clasificadas C polo seu alto nivel de contaminación. Así llo confirmou o Goberno dos 27 ao eurodeputado de Esquerda Unida Willy Meyers, que formulou a a reclamación a instancias do consello coruñés dos esquerdistas e dos mariscadores da ría do Burgo. Segundo Esquerd

Esas sospeitas véñenllas formulando de maneira teimuda á Consellaría do Mar os mariscadores da ría coruñesa que se negan a faenar malia que dende San Caetano declararon este verán como zona apta para a extracción a parte interior da canle. Denuncian que un informe do Instituto Tecnolóxico de Control do Medio Mariño, o Intecmar, confirma que o Goberno galego manipulou a realidade dunha ría altamente contaminada, porque as mostras de auga para permitir a apertura á actividade non se tomaron nos lugares correspondentes. Os mariscadores volverán esixir mañá mércores o saneamento das augas como garantía para que os produtos extraidos poidan venderse sen risco. A protesta farase mediante un corte da circulación nunha das vías principais de acceso á cidade da Coruña, a Ponte Pasaxe, entre as oito e as nove da mañá.

Sociedade