Bualá xa está listo para o Outlet

Bualá xa está listo para o Outlet
28 de Agosto, 2020 - 11:32 h. | Publicada por Radio Fene

Bualá abriu as súas portas en setembro de 2019 no número 18 da Avenida Marqués de Figueroa. Contan con tódalas medidas de seguridade e colocaron frechas no chan para facer máis sinxelo o percorrido que deben seguir os clientes.

ESCOITA O PODCAST:
Berta Ameneiro en Bualá

Este ano participan no Outlet con descontos en toda a roupa ao 50 e 70%, só escapan destas ofertas a bisutería e os produtos feitos a man, segundo indica Berta Ameneiro. O Outlet en Fene comezou hoxe, venres 28, ás dez da mañá. Este ano recoméndase que se extremen as precaucións, evitando circunstancias que propicien as aglomeracións puntuais de persoas. A medida atende tanto á necesidade de protexer a quen acuda á chamada do Outlet como a residentes e transeúntes das rúas onde se vai desenvolver.

Sociedade

Publica o teu comentario agora