Buque de acción marítima, patrulleiro de altura

Buque de acción marítima, patrulleiro de altura

07 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O presidente da SEPI Ramón Aguirre indicou esta mañá en Santiago de Compostela as características do buque que a Armada española encargará a Navantia. Aguirre precisou que se trata de dous barcos de acción marítima. Un deles construiráse en Ferrol e o outro en Cádiz. Trátase do traballo anunciado hai tres meses polo ministro de Facenda Cristobal Montoro no Congreso dos Deputados.

O Buque de Acción Marítima ou patrulleiro de altura contará cun orzamento de 200 millóns de euros. Segundo o presidente da SEPI Ramón Aguirre, supoñerá en Ferrol 1,1 millóns de horas de traballo. Os BAM construíanse ata o momento no estaleiro de San Fernando en Cádiz. Dalí sairon o Meteoro, Rayo, Relámpago e Tornado  (P 44), cun investimento cada un de arredor de 150 millóns de euros. Contan con 93 metros de eslora por 14 de manga. A tripulación alcanza as 46 persoas.

Sociedade